INFORMACIÓN

Duración do curso
Outubro / maio

Grupo 1
Sábados: 10.45 a 12.30 h.
Grupo 2
Sábados: 11.30 a 13.15 h.
Grupo 3
Martes: 17:00 a 18:30 h

Participantes
Xóvenes de ámbolos dous sexos de 7 a 15 anos.

Instalacións habituais
Pista de ciclismo do Centro Deportivo Municipal das Travesas

Escola de ciclismo:
Doce mese de actividade

Rematado o curso, as actividades continúan nos meses de verán.

Dirección
Rúa Aragón, 236-1ºC
36207 VIGO
Teléf. e fax:
986 379681
E-mail: ccvigues@wanadoo.es


ESCOLA DE CICLISMO

INTÉGRATE NO NOSO PELOTÓN
e poderás practicar plenamente e dun xeito moi seguro o ciclismo. Compróbao inscribíndote na Escola de Ciclismo do Club Ciclista Vigués. Dende o primeiro día sentirás que te atopas nun pelotón de amigos que, coma ti, disfrutan coa bicicleta.

Material preciso
* Bicicleta (calquera modelo)
* Casco

Actividade coa garantía de
* Escolas Deportivas Municipais
* Club Ciclista Vigués- PSA Peugeot Citroën-Autronic-Automoción de Galicia

A importancia do deporte
Na sociedade occidental o deporte deixou de ser aquela actividade de ocio da alta burguesía de principios do século XX para converterse nun aliado necesario na procura dun equilibrio físico e emocional que nos permita aspirar a unha mellor calidade de vida.

No caso dos xóvenes o deporte pasa a ser ademais un aliado cáseque imprescindible na procura da súa formación integral, dentro dunha sociedade que esixe competitividade e reclama ó mesmo tempo solidaridade, que esixe esforzo e vende comodidade...

MOTIVOS PARA INSCRIBIRTE

Na Escola Municipal de Ciclismo vas a atopar...
* Amigos que comparten as túas afeccións e que dende o primeiro día farán que te sintas plenamente integrado no noso pelotón.
* Unha actividade amena, dinámica, variada...
* A posibilidade de participar en actividades que te poñen en contacto coa natureza e coñecer novos lugares.
* Unha entidade dende a que tamén poderás seguir os pasos de destacados ciclistas que se formaron na nosa escola de ciclismo.

Dille ó teu pai e á túa nai por que elixes practicar ciclismo con nós
* Porque enfocamos a actividade máis que ó xoven deportista ó XOVEN en si mesmo. É dicir, o/a neno/a vai ter garantido o beneficio do seu paso pola actividade de ciclismo anque non estea a pensar en grandes metas ciclistas.
* A actividade practícase ó aire libre (pista de ciclismo ou en contacto directo coa natureza).
* Non hai titulares nin suplentes, todos poden andar en bicicleta o mesmo tempo sen necesidade de agardar sentados no banco.
* Actividade que se desenvolve nun ambiente cun alto grao de seguridade, como nos confirma a nosa propia experiencia.


Dende o punto de vista da saúde
* A actividade ciclista fortalece os aparatos cardiovascular e respiratorio.
* O pedaleo é un exercicio elástico (deslizante) especialmente recomendable en etapas de crecemento e idades avanzadas, porque non somete as articulacións ós continuos impactos (microtraumatismos e traumatismos) dos saltos ou do footing, o non ter que soportar a estructura ósea o peso corporal.
* Coma todo deporte, pero se cadra con maior énfase, inculca hábitos deportivos en alimentación, organización, conducta...
Dende o punto de vista persoal:
* Reforza o carácter: vontade, disciplina, afán de superación.
* Fai o/a xoven máis independiente e responsable.
* Adestra nunha competitividade solidaria, base para conquerir un alto grao de satisfacción persoal e o recoñemento alleo dentro e fóra do deporte.
* Fai notar moi claramente ó deportista a relación entre esforzo e recompensa, aprendéndolle a ver que detrás de cada éxito hai un traballo.

 
<< AnteriorSeguinte>>