Escola de ciclismo


Se o equipo elite-sub 23 é a referencia do Club Ciclista Vigués, a escola de ciclismo podíamos dicir que é a principal razón de ser da entidade. As actividades da Escola de Ciclismo están orientadas, fundamentalmente, a buscar nos seus alumnos:

  • Unha mellor integración e igualdade social.
  • Reforzo da autoestima, da solidariedade e do afán de superación.
  • Unha contribución importante a súa formación integral, tratando de reportarlles os máximos beneficios psíquico - físicos.

Curso: Outubro / Maio

Actividade: Sábados de 11:00 a 13:00 horas
Escenario habitual das actividades: Pista de ciclismo do Centro Deportivo Municipal das Travesas
Idades: 7 a 16 anos (rapaces e rapazas)
Prazo de matrícula: Setembro /outubro e xaneiro

* Desde xaneiro, os alumnos da escola de ciclismo teñen a opción de inscribirse ademais nos equipos de base do club, con actividades tres días a semana.

Máis información

CLUB CICLISTA VIGUÉS

Enderezo:
Rúa Aragón, 236, 1º
(a 100 m. do Centro Comercial Travesía)
36207 Vigo

Teléfono / Fax: 986 379681
E-mail: ccvigues@yahoo.es