O Club Ciclista Vigués ten programadas para esta primavera as Bici Rutas Vigo 2011, unha actividade que inclúe catro paseos en bicicleta para gozar do exercicio ao aire libre, da propia cidade e os seus magníficos arredores.
Maiores de 10 anos. Esta actividade realizarase a modo de excursión individual, aínda que os participantes deberán atender as indicacións do Club Ciclista Vigués - Autronic para a mellor coordenación da actividade.